top of page
  • White Facebook Icon
  • White Twitter Icon
  • White Vimeo Icon
  • White LinkedIn Icon
  • Google Places blanco Icono

Volve Kevin José: A TVG estrea ‘ERA VISTO! A CHOUPANA’ o xoves despois de ‘LAND ROBER’

Un dos grandes éxitos da comedia galega regresa cunha secuela con historias delirantes, personaxes novos e antigos e moita retranca


Agora, Kevin José, celtista de pro, colle a remuda do seu pai, Moncho, e trasládase a vila rival, á Choupana,  onde intenta sentar cabeza e enfrontarse aos retos da vida adulta


Este xoves emítense os tres primeiros capítulos e despois, unha nova dose do ‘Era Visto!’


 

Santiago, 12.11.2025.- Kevin José madura…, ou polo menos inténtao. Un dos grandes éxitos da comedia galega regresa cunha secuela con historias delirantes, personaxes novos e antigos e moita retranca. Este xoves, despois do ‘Land Rober + Show’, emitiranse os tres primeiros capítulos de ‘Era Visto! A Choupana’, e despois chegará unha nova dose da icónica ficción da TVG.

 

Hai 15 anos, Kevin José (Marcos Pereiro) era un adolescente descerebrado que deixou embarazada a Laura (Marita Martínez), unha moza da parroquia rival da Choupana. E hoxe, contra todo prognóstico, sentou a cabeza, atopou traballo e formou con ela unha familia. Agora, Kevin, Laura e a súa filla Rober (Carla Mojón) gozan dunha convivencia tan caótica como entrañable.

 

A vida de Kevin na Choupana repite o patrón do seu pai Moncho en Lameiro, agás no equipo, xa que Kevin lle saíu celtista a Moncho. Polo demais, traballa nun concesionario de tractores e chimpíns dirixido pola temible dona Remedios (Lucía Veiga), e pasa as tardes no bar rexentado por Fuco (David Perdomo), con  Milucho (Xosé Manuel Esperante) e Lino (Victor Fábregas) resolvendo os grandes enigmas da vida. Por suposto, ao final do día, péchase no garaxe para compartir as súas reflexións sobre a vida.

 

O turno de Kevin José

 

“Botamos anos escoitando as reflexións de Moncho, e agora tócalle falar a Kevin. É unha gran responsabilidade”, comenta Marcos Pereiro, protagonista da serie. “Manter o nivel de humor e actualidade é un reto, pero tamén unha satisfacción. As novas temáticas -desde o cambio climático ata o mundo das criptomoedas ou como fala a miña filla ficticia- dan moito xogo”, engade.

 

Ficha técnica


Título: Era visto! A ChoupanaXénero: Shortcom de actualidade con humor e crítica socialDuración: 39x9’Dirección e guión: Carlos Ares, Xosé Castro e Andrés Mahía 

Produción executiva: Ghaleb Jaber Martínez, Carlos Ares, Xosé Castro e Andrés Mahía

Elenco:

·         Marcos Pereiro - Kevin José

·         Marita Martínez - Laura

·         Carla Mojón - Rober

·         David Perdomo - Fuco

·         Xosé Manuel Esperante - Milucho

·         Víctor Fábregas - Lino

·         Lucía Veiga - Dona Remedios

·         Helena Pombo - Voz en off

 

Redes sociais:

Instagram: @eravistotvg

Facebook: Era Visto. A Choupana

TikTok: @eravistotvg

Produtora CTV: @ctvgal - X (@ctvgal) - Facebook: ctvgal

Hashtag oficial: #eravistoachoupana

 

 

Enlace ó Presskit Era visto! A Choupana


 

 
 
 

Comentarios


bottom of page