top of page

Paquete de proxectos en desenvolvemento Hub da Industria Creativa Galega, financiado por Fondos FEDER da Unión Europea a través da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia

O departamento de desenvolvemento de CTV elaborou un paquete de tres proxectos con estratexias de venda e produción moi diferenciadas, que pretende satisfacer tres públicos clave. O Círculo de Gaia é unha serie xuvenil escrita por Lidia Fraga, destinada a un público young adult. Islamización é unha rom-com que explora as diferenzas culturais, escrita por Ghaleb Jaber Martínez e Alba Araújo. E por último, O xuíz Cunqueiro, unha adaptación libre de Os outros feirantes de Álvaro Cunqueiro, levada a cabo por Eligio R. Montero e dirixida a un público adulto e transversal.


 


 

Gaia_para-Web.jpg
Hub-para-web_Islam.jpg

O círculo de Gaia (6x50')

 

Na centenaria Universidade de Gaia, cinco alumnos descobren un misterioso libro nun arquivo secreto da Facultade de Psicoloxía. Ao libro fáltanlle páxinas e recompila varios fenómenos paranormais que tiveron lugar en Gaia hai séculos. Os cinco alumnos e Valeria, unha profesora novata, deciden investigar estes sucesos coa axuda do doutor Durán. Este profesor é unha eminencia na materia e vive retirado da vida académica desde a tráxica desaparición da súa familia.

 

A causa destas investigacións, alumnos e profesores enfróntanse a diferentes fenómenos paranormais. Algúns teñen unha explicación científica, pero outros convértense nun auténtico misterio sen resolver.

Islamización (6x30')

Converterse ao islam para conquistar unha moza pode parecer estúpido. Facelo por unha aposta cun compañeiro de traballo, é peor aínda. E isto é o que fai Antón (32), un enxeñeiro informático bastante mediocre, cando coñece a Farah (30), a nova compañeira de oficina e a súa xefa. Guiado por Nadim (25), o único musulmán que coñece, Antón métese en situacións ridículas, quedando coma un auténtico idiota ante Farah e toda a súa familia.

 

Todo_HUB para Web.png
Xuiz Cunqueiro.jpg

O xuíz Cunqueiro (6x30')

 

Gaula é un recóndita vila de Galicia, coñecida polas súas historias máxicas e habitantes estrafalarios. A morte do xuíz de paz, Amelio Cunqueiro, ten lugar nun momento bastante inoportuno, porque a localidade está inmersa nun dos seus conflitos habituais.

 

No funeral do xuíz, os veciños de Gaula convencen a César, o sobriño de Amelio, para que o substitúa nas súas funcións. César acepta a encarga porque ten serios problemas económicos.

A partir dese momento, César enfróntase a unha poboación excéntrica onde os seres mitolóxicos existen, os homes e mulleres teñen poderes e os obxectos falan causando conflitos entre os veciños. O novo xuíz de paz conta coa axuda do seu tío morto que aparece, de cando en vez, na vella casa familiar para axudarlle no seu traballo. Esta situación pon dos nervios a César, un home racional que acaba confundindo a realidade coa fantasía.

 

bottom of page