top of page
  • Instagram
  • Facebook
  • X
  • LinkedIn
  • Vimeo
  • Google Places blanco Icono

'Land Rober + Show' gaña o premio europeo CIRCOM 2026 ao mellor programa de entretemento

24 abr
1 min de lectura

O espazo presentado por Roberto Vilar e referente indiscutible das noites da Televisión de Galicia recibirá o galardón en maio nunha gala en Tampere (Finlandia)


CIRCOM é a maior asociación de televisións públicas de Euopa, cunha representación de 30 países e preto de 250 canles


‘Land Rober + Show’, o espazo do prime time da Televisión de Galicia, alzouse co Premio CIRCOM 2026 na categoría de Entretemento, segundo foi anunciado este venres polo CIRCOM, a maior organización europea de televisións rexionais públicas.


‘Land Rober’, referente absoluto do entretemento na grella da TVG nas noites de luns a xoves, foi definido polo xurado como un programa de “puro entretemento”, polo seu “forte sentido de identidade e altos valores de produción”, salientando ademais “un notable nivel de improvisación que engade espontaneidade a un programa vivo, dinámico e auténtico”.


O espazo presentado por Roberto Vilar suma este recoñecemento aos obtidos en distintas edicións dos Premios Mestre Mateo do audiovisual galego e nos Premios Iris de televisión (2017, mellor programa autonómico).


CIRCOM engloba 30 países e preto de 250 televisións rexionais, o que a converte na maior asociación de canles rexionais públicas de toda Europa. Esta edición bateu o récord de candidaturas, con 272. Os premios serán entregados o próximo 21 de maio nunha gala na cidade de Tampere, Finlandia.



 
 
 

Comentarios


bottom of page