top of page

ROSA LÓPEZ, OS CAMPIÓNS DO MUNDO DE BACHATA E O GRUPO ÁLKAR ALCANZAN UN 15% DE SHARE EN BAMBOLEO


Bamboleo, o programa de entretemento familiar que se emite os sábados pola noite en TVG, acudiu á sua cita habitual con Xosé Manuel Piñeiro como presentador. O sábado pasado recibiu a visita dunha das mellores voces de España, unha muller que conquista o público coa súa simpatía: Rosa López. A cantante granadina participarou dunha divertida noite e cantarou dúas versións dos clásicos “¿A quién le importa?” e “Yo no soy esa”.

Un ano despois da súa creación, o dúo compostelán “Verto” arrasa nas redes e celébrao coa publicación do seu primeiro disco: “Puro Ocio”. O sábado pola noite Berto e Fer interpretaron no Bamboleo o seu tema “Pegadiño a ti”.

A música da formación cambadesa Grupo Álkar converteu o plató nunha auténtica verbena galega coas súas melodías. No ‘Dirtidansi’, Antoni e Melanie, campións do mundo de bachata, ofreceron unha exhibición memorable, con incribles xiros e acrobacias.

No ‘Agora ou Nunca’ dous talentos da canción, Fanny Méndez e Santi Castro, subiron ao escenario para cantar diante das cámaras as cancións “Hello” de Adele e “Hoy tengo ganas de ti” de Alejandro Fernández.

Dous clubs deportivos foron os portagonistas da ‘Jrileira’, o Club Valeixe de fútbol sala da Cañiza e o Club de Béisbol Os Tilos. Tocoulle cantar “Sarandoga” de Lolita e acertar cantantes.

Ao longo do programa, as sección dos colaboradores: Tamara e Claudio e os contos do gran Isi. Ademais, na “ITV Do Amor’, na que Mery e a súa parella intentaron despistar a un participante do público para gañar o premio en xogo.

bottom of page