Castelo de

Meiga

Xénero: Educativo - Muppets

Formato: 24 x 30’

Ano: 2006

Público: Todos os públicos

Encontrámonos ante un castelo que conta cos ingredientes necesarios para crear un espazo acolledor e entrañable, ademais de misterioso. 


Aquí viven unha serie de personaxes: Meiga, o vampiro Ramiro, a pantasma Sara, a momia Golfi, o gato Brunildo, o trasgo Galopín e os mostros Lusco e Fusco. Eles fan pensar, rir, xogar e sentir... todo englobado nun marco no que a realidade se mestura coa fantasía.