top of page

Desexos Cumpridos

Xénero: Reality Show

Formato: 23 x 70’

Ano: 2013 - 2014

Público: Todos os públicos

Lucía Rodríguez conduce un programa cheo de sentimentos no que se presentan os casos máis emotivos e no que se cumpren as ilusións de quen máis o merece e necesita.
O obxectivo do programa é facer feliz a todo o mundo, por pequenos que sexan os seus desexos ou por grandes que sexan os seus soños.

Unha avoa coraxe que soña con coñecer unha estrela da televisión, un neno que encontra na maxia o truco para superar os problemas, unha filla que non coñece a seu pai e que desexaría abrazalo por primeira vez… Diferentes historias, diferentes vidas, un único soño: ver os seus Desexos Cumpridos.

​

​

​

bottom of page