top of page

Cámara Gags

Xénero: Reality Show

Formato: 23 x 70’

Ano: 2013 - 2014

Público: Todos os públicos

“Cámara Gags” é un programa de sketches de humor non verbal baseado no coñecido formato de bromas con cámara oculta. 

 

“Cámara  Gags” busca incautos, aos que somete a diversas situacións divertidas, na procura das reaccións máis espontáneas. Son bromas pensadas para un público familiar coas que se poidan rir desde os máis pequenos ata os avós da casa.

 

Cada peza ten unha duración de dous minutos e medio e vai introducida por unha presentación mímica da broma. As pezas conclúen coas reaccións dos protagonistas cando se lles comunica que acaban de ser gravados por unha cámara oculta. 

 

O programa está producido en 4 K- UHD e está dispoñible en  HD e SD. 

bottom of page