top of page

NATALIA E XOSÉ MANUEL BUDIÑO ALCANZAN UN 15,5% DE SHARE EN BAMBOLEO


Bamboleo, o musical que Xosé Manuel Piñeiro presenta en Televisión de Galicia, recibiu este sábado pasado a visita de dous fantásticos artistas: Natalia e Xosé Manuel Budiño. A cantante e o músico galego chegaron dispostos a xogar e a mostrar a súa cara máis oculta e participativa nas distintas seccións do programa.

A cantante, compositora e presentadora gaditana, Natalia, interpretou “Un poco de mí”, un dos grandes éxitos da súa carreira, así como un dos seus últimos singles: “De nada”, un tema que fusiona diferentes estilos musicais cunha poderosa mensaxe de fondo.

Xosé Manuel Budiño chegará cun gran traballo discográfico debaixo do brazo: ‘Fulgor’, no que recolle cancións compostas, producidas e cantadas por el mesmo, como as que interpretarou en Bamboleo: “Pulso” e “Poderosa”.

Interesantísima, moi bailable e amena, é a proposta que coa que Orquestra Garibaldi amenizou a noite. E polo que ao baile profesional se refire estivo a parella formada por Dani e Alba, que ofreceu unhas fantásticas exhibicións de Jive e de Tango.

No ‘Agora ou Nunca’ estreouse sobre o escenario Tamara Piñeiro e fixéronno ao grande interpretando o fermosísimo tema “Fever” de Peggy Lee; mentres que Christian Santana entoou “No me doy por vencido” de Luis Fonsi.

Ao longo da noite, houbo xogos con Claudio, con Tamara e as intervencións memorables do gran Isi, un crack sacándolles punta ás cousas da vida.

Dous clubs: un de tenis e outro de fútbol competiron na ‘Jrileira’; foron o club de Tenis Redes de Ares e o club de Fútbol Ribadavia. Canda o karaoke interpretaron a canción “Aquí no hay playa” de The Refrescos e a continuación adiviñaron o maior número posible de intérpretes.

A sección máis quente chegarou contra o final do programa coa ‘A ITV Do Amor’; un participante de público debeu acertar quen é realmente a parella de Nuria en base ás respostas dos concursantes: Jose, Adrián e Diego.

bottom of page