top of page

Os cantantes Lorena Gómez e Fredi Leis e a Orquestra La Oca Band, en Bamboleo

‘Bamboleo’ recibe esta semana a visita de Lorena Gómez, gañadora dunha das primeiras edicións de OT e participante de varios concursos musicais da televisión nacional. Despois de catorce anos de traxectoria profesional, Lorena publica novo single: “Me vuelvo a la vida”, un tema que invita a descolgar o universo e que formará parte do próximo disco da artista catalá.


Outro dos convidados deste sábado no programa que presenta Xosé Manuel Piñeiro será o cantautor compostelán Fredi Leis. “Temas privados” é o título do seu novo traballo, no que recolle cancións xa coñecidas como “Portobello” ou “Nivel experta”, e outros que presentará sobre o escenario do ‘Bamboleo’ como o fantástico bolero: “Anoche seguías brillando”.


Os dous artistas acompañarán a Xosé Manuel Piñeiro e os seus colaboradores nunha noite na que non faltarán os xogos de Claudio, os vídeos do “Sobes ou Baixas” con Tamara Pérez e as divertidas historias que Isi e os seus amigos traen cada sábado.


A formación musical La Oca Band ofrecerá unha selección musical do máis variada e a parella de bailaríns internacionais formada por Guillem e Diandra realizarán dunhas fantásticas exhibicións da disciplina de latinos.


Seli Moure e Dani Aguilera serán os protagonistas do “Agora ou Nunca” entoando os temas “Que o mundo rode” de Rocío Durcal e “Hoy tengo ganas de ti”. Na Jrileira haberá que adiviñar intérpretes e entoar unha canción para conseguir a estupenda fin de semana que hai para o gañador da proba. Ademais de risas e ocorrencias, tamén haberá un gran premio para o gañador da “ITV Do amor”.


Comments


bottom of page