top of page
  • Instagram
  • Facebook
  • X
  • LinkedIn
  • Vimeo
  • Google Places blanco Icono

O empresario Ghaleb Jaber Ibrahim será o pregoeiro das Festas do Apóstolo

  • 20 jul
  • 1 min de lectura

Chegou a Santiago en 1970 para estudar medicina e destacou polo seu proxecto hoteleiro, a produtora audiovisual CTV e a Fundación Araguaney


Ghaleb Jaber Ibrahim será o pregoeiro das Festas do Apóstolo 2026. Así o anunciou o Concello de Santiago este mediodía, despois de manter o seu nome en segredo como última baza da programación festiva, que arranca este mércores coas palabras do empresario desde o Pazo de Raxoi.


Ghaleb Jaber chegou a Compostela en febreiro de 1970 para estudar Medicina. Na capital galega converteuse en doutor, empresario da hostalaría e nunha «figura clave» do sector audiovisual galego coa creación da produtora CTV, salienta Raxoi nun comunicado. O seu labor cultural é outra das facetas fundamentais da súa traxectoria a través da Fundación Araguaney-Ponte de Culturas.


O Concello sostén que Ghaleb Jaber súmase aos nomes de Leilía, Lucía Freitas e Blanca Millán, cos que Santiago volve celebrar «a diversidade» e as distintas maneiras de ser e sentirse compostelán.

O protagonista do pregón destacou a importancia do nacemento da Fundación Araguaney en 1984, «unha idea necesaria» que, 42 anos despois, continúa desenvolvendo un importante labor cultural, traballando para a sociedade e para as persoas. «É un punto de unión con toda a sociedade compostelá», afirmou.



 
 
 

Comentarios


bottom of page