Nuria Fergó, a orquestra Los Players e Jinetes del Trópico en Bamboleo
O espazo de entretemento recibiu o sábado a visita de Nuria Fergó, unha das participantes máis queridas da primeira edición de Operación Triunfo. A artista celebra os 20 anos que leva na música e presenta novo disco: “Con permiso”. Fergó tamén participou nos xogos de Tamara Pérez e Claudio Pan.
Tamén estiveron en Bamboleo o grupo Los Jinetes del Trópico, unha formación que fixo unha peculiar fusión entre reguetón, punk tropical e cumbia no seu último single “Tronzácheme o corazón”.
Unha das orquestras máis veteranas da verbena galega: Los Players, animou a festa do Bamboleo. Tamén visitou o plató a parella de bailaríns galegos formada por Jorge e Rebeca, que inician unha segunda etapa no baile profesional e bailaron un jive e unha rumba.
No “Agora ou Nunca” os participantes foron Laura Gonzaléz e Ramón López e interpretaon os temas “Días de verano” de Amaral e “Torna a Surriento” de Giambattista de Curtis. Isi estivo contando as súas divertidas e singulares historias.
O Abadín Club de Fútbol e a Sociedade Deportiva Cultural e Recreativa Narón Freixo xogaron na “Jrileira” entoando o tema “Escándalo” de Raphael e adiviñando intérpretes. Para rematar, na “ITV do Amor” foron Sofía e tres colegas, entre eles o seu mozo, os que intentaron despistar un participante de público sobre quen era realmente a súa parella. Tamara.
Comments