Álex Ubago, Astarot e Grupo Beatriz conquistaron este sábado ao público de Bamboleo, cun share próxi
Un dos artistas consagrados do panorama musical español, Álex Ubago, presentou este sábado no Bamboleo o seu novo single “Te pido otra oportunidad”, xunto a outros éxitos como “Sin miedo a nada”. Ademais, participou nos xogos que Claudio e Tamara preparan cada semana para os convidados do programa.
No escenario de Bamboleo estivo tamén o veterano grupo de rock galego Astarot, que versionou o clásico “Miña Terra Galega” de Los Tamara e lembrou anécdotas da súa longa traxectoria, desde o seu nacemento no ano 1983. Pola súa parte, a formación asturiana Grupo Beatriz animou ao público coas súas curiosas coreografías, unha estilosa posta en escena e a indiscutible arte de Beatriz sobre o escenario.
Isi regresou acoa súa nota de humor característica. No ‘Dirtidansi’ amosáronse dúas exquisitas coreografías, as que ofreceu unha parella de orixe venezolana que xa ten a súa vida asentada en Lugo: Kenz e Juli. A sección do ‘Agora ou Nunca’ contou coa estrea televisiva de dous fantásticos intérpretes:
Sara Val e Emilio Iglesias. O karaoke de ‘A Jrileira’ puxo a proba ao Club de Bádminton As Neves e a Unión Deportiva Mugares de Toén coa canción “Mi gran noche” de Raphael e adiviñando cantantes. Na ‘ITV do Amor’ Brenda e a súa parella intentaron confundir a un participante de público para facerse co premio. Un programa que, cunha cuota de pantalla do 15,7%, logrou de novo conquistar ao público.