Alberto Comesaña e Carlos Right, un veterano e un principiante no mundo da música, foron os invitado
‘Bamboleo’, o programa de entretemento dos sábados á noite na TVG, recibiu a visita do cantante vigués Alberto Comesaña, que se deu a coñecer con Semen-Up e o seu provocador ‘Lo estás haciendo muy bien’ e que alcanzou un notable éxito na década dos 90 co grupo Amistades Peligrosas.
O espazo, presentado por Lucía Regueiro, contou ademais coas actuacións da orquestra Compostela e do ex-concursante de ‘Operación Triunfo’ Carlos Right, que interpretou temas do seu primeiro disco, titulado ‘Atracción’.
Ademais, concursantes varios participaron nas seccións habituais do programa: ‘Agora ou Nunca’, a divertida ‘A ITV do amor’, ‘A Jrileira’ e ‘Dirtidansi’.